venres

Xerusalén Xerusalén!... volve ás librerías coa edición do autor



Este xoves, 14 de Outubro, presentouse en Pontevedra a novela Xerusalén, Xerusalén!..., edición do autor, Xoán Bernárdez.

Presidiu o acto, Charo Valcarcel Mató, Cofundadora da revista Vella a Bella José Cerdeira Soto da dirección da mesma, xunto ao representante da editorial Ir Indo, Xelasio Suárez e a filla do escritor, a comunicadora Sabela Bernárdez.


A novela, reeditada en Ir Indo, conta a historia de Ezequiel, un xoven que vai en viaxe turístico a Xerusalén ata que se ve envolto na Guerra dos Seis Días. Nos envolve nas paixases de Israel, nas intrigas, nas casualidades, no amor pero sobre todo é unha historia sobre a amizade.


A edición, que sae á luz a petición dos seguidores do escritor, inclúe a versión do autor con fotografías reais ilustrativas, datos cronolóxivos e aclaratorios sobre a novela.

Portada do libro

O autor, Xoán Bernárdez Vilar, naceu en Marín no ano 1936, residindo na área de Vigo na actualidade. Estudou Maxisterio e de Xeografía e Historia,  superando a Tese de Doutoramento desta última disciplina no 2011.


Asímesmo ten publicados mais de setenta libros, ensaios e novelas, maioritariamente de corte histórico, así coma  numerosas colaboracións en revistas, libros...  


Entre os súas obras máis coñecidas está "Un home de Vilameán, anatomía da revolución Irmandiña", Premio Patronato da Cultura Galega,  "No ano do cometa", premio Xerais; Big Bang, ou "A saga da illa sen noite", candidata no seu momento a ser levada ao cine. Dende o ano 2003 é Académico Correspondente da RAG.


RESUMEN:

XERUSALÉN, XERUSALÉN! . . .  (1967 – 1987)

No mes de maio de 1967, o xoven profesor, Ezequiel Nande, súmase a unha peregrinaxe a Terra Santa de máis de seiscentas persoas, co propósito de clarificar certas conviccións persoais.

Infortunadamente, e aínda que ata o intre de se embarcar en Barcelona, nin sequera reparara na pouco agradable situación que entón remexía o “Oriente Medio”,  que todos seguían a través dos transistores,  que cada momento medraba a inminente posibilidade dunha Guerra.

As garantías ofrecidas polas axencias, tanto árabes coma israelitas, convenceron,  nese intre, aos organizadores a confiar na lixeira melloría da situación que se produciu entón, de xeito que tomaron  a decisión de, logo de sobrepasar a Illa de Chipre,  recalar no porto de Beirut. Cidade dende onde, os peregrinos, utilizando autocarros, visitaron o Líbano, Siria, Xordania,  Cisxordania, Belén, Hebrón, o Mar Morto, e a mesma Xerusalén Vella,  e os seus lugares santos.

O venres, 2 de xuño, sen que se producira o temido contratempo, cruzaron a Porta de Mandelbaum, e accederon á Xerusalén Nova, a administrada por Israel, onde a Ezequiel lle aconteceu o sorprendente feito de se atopar cun antigo compañeiro de estudos en Vigo, que o convidou ao Sabbath da súa familia.

Os peregrinos visitaron  entón outros lugares Bíblicos: Latrun, a Chaira de Sharon, o Monte Carmelo, en Haifa, onde os agardava, cheo de luces e bandeiras, o trasatlántico  que deixaran en Beiruth, ademais de tamén Meggido, Nazaret,  e o Monte da Transfiguración, navegando tamén polo lago Xenesaret,  o posible lugar do Sermón de Montaña, Cafarnaum e Kafar Caná,  o lugar da  conversión da auga en Viño.

O luns día 5 de xuño, sen embargo, a primeiras horas da mañá, aconteceu o que tanto temeran: a movilización militar, e a Guerra logo  chamada Dos Seis Días, da que viviron tanto o comezo coma o seu final.

Vinte anos despois,  en xullo de 1987, unha bomba que estourou na Porta de Damasco,  en Xerusalén, alcanzou a aquel antigo compañeiro de estudos, que necesitando de moitos coidados para se  restablecer, decidiu a Ezequiel a efectuar unha nova viaxe, na que, mentres agardaba a súa melloría non só percorreu parte do país senón que, finalmente,  puido velo  san.

Complementan o relato 90 fotografías  dos feitos  vividos polos protagonistas que, para un mellor seguemento,  acompañamos por unhas “Puntualizacións Cronolóxicas”,   con datos aclaratorios que chegan ata o ano 2015.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...