"A Ora Maritima" conserva tamén os máis antigos datos que se coñecen acerca do Occidente da Europa prerromana, ofrecendo, así mesmo, datos completamente descoñecidos sobre a xeografía, a etnografía, a toponimia, e determinados coñecementos históricos, da costa da Península Ibérica daquel tempo
Unha estela funeraria descuberta hai oitenta anos nas beiras asturianas do río Eo, chave da identificación dos principais lugares descritos na "Ora Maritima"
A xornalista e escritora Sabela Benárdez Iñarrea presenta o acto que terá lugar na Libraría Andel o xoves 24, ás 20:30 horas
Data: 24 de outubro
Hora: 20:30 horas
Lugar: Libraría Andel,. en Avda.
Camelias 102 Vigo
O vindeiro xoves 24 de otubro, ás
20:30 horas, o escritor e historiador afincado en Vigo, Xoán Bernárdez presenta
na Libraría Andel, a súa Tese Doutoral de Xeografía e Historia Universidade de
Vigo) “O extraordinario mundo da Ora Marítima”. O traballo foi publicado en galego e en castelán. Preside o
acto, a xornalista e escritora, Sabela Bernárdez Iñarrea.
A tese versa sobre un poema
escrito 400 anos despois de Cristo, que percorre a xeografía prerromana da
Europa occidental, con base a datos tomados de autores Gregos e Carthaxineses
de comenzos do século VI ANTES DE CRISTO. Segundo a investigación, este
documento recolle tamén, os máis antigos informes, descricións, xeografía,
etnografía, pinceladas históricas, e toponimia
do occidente da Península Ibérica.
Arredor deste poema, e do seu
autor, o procónsul romano Rufio Festo Avieno, hai numerosas intrigas que poden atrapar
ao lector mentres disfruta das conclusións do historiador quen, para se
asegurar da idoneidade das identificacións que se viñeron barallando a través
dos séculos, visitou cada un dos lugares
propostos por cantos estudaron o tema.
Entre as chaves da investigación
que Bernárdez realizou, seguindo as
posibles viaxes marítimas entendidas como a que describe o Poema, atópase a
achega dunha estela funeraria do século I, dedidaca a un príncipe dos Albións,
unha importante tribu que tanto Caio Plinio coma Claudio Ptolomeo, situaron
dacabalo da Galicia e a Asturias actuais. Tal estela foi atopada hai oitenta
anos nas beiras do río Eo, e está exposta no "Museo Arqueológico de
Asturias", en Oviedo.
Xoán Bernárdez, nado en Marín en
1936, é escritor e historiador, afervoado polas Idades Antiga e Media, así como
Correspondente na Real Academia Galega. Ten máis de 30 obras publicadas, entre
novelas históricas e ensaios, ademais de artigos de investigación, polos que
obtivo varios premios, coma o
"Galicia de Investigación", ou
o "Xerais".
Entre as súas novelas con máis
sona atópanse "Un home de Vilameán", "A saga da illa sen
noite", "No ano do Cometa", ou "Big Bang". E no medio
dos seus traballos de investigación, publicou obras coma: "Exipto, a viaxe
perdida de Egeria", "Vidas Paralelas: Alexandre-Augusto",
"As descubertas precolombinas do século XV", "A xeografía do
mito de Tristán e Iseu", "Chronica Hermerici (c. 380-441) ou "O
rei Artur. mito e realidade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario