xoves

O Rei Artur


Editorial Galaxia
Colección
Ensaio
240 páx.
Rústica con lapelas
PVP: 16.30 €
ISBN: 978-84-8288-847-7
Data publicación: outubro 2005
1ª Edición

.
O mito do rei Artur é unha das máis cobizosas creacións da cultura europea. A tradición artúrica é o resultado da fusión de múltiples elementos ao longo dun período de tempo que vai dende o principio da Idade Media ata os nosos días. Dende Cunqueiro a Ferrín, a presenza dese mito fundacional na cultura galega é expresión da súa universalidade.O amigo Merlín, a Táboa Redonda, a corte de Camelot, Guenevere e Lancelot, Perceval, a espada Excalibur e a busca do Graal forman parte da historia do rei Artur. Un mito, que desde a época celta ata hoxe, se converteu no símbolo da procura do coñecemento. Neste libro téntase deslindar o que hai nel de realidade histórica e o que ten de narrativa lendaria. Celtas, xermánicos e despois cristiáns, amais de rituais e didácticas milenarias, acabaron por construír un dos relatos máis fascinantes da nosa cultura.

Big-Bang


Edicións Xerais
Vigo, 1996
ISBN 84-7507-977-6
.
Nesta novela estructurada en catro capítulos titulados e un apéndice, cóntase a viaxe dun grupo de astronautas a un planeta para recuperar a uns compañeiros desaparecidos. Ó mesmo tempo que esta expedición, prodúcese un choque espacial que fai desaparecer tódalas formas de vida dun planeta. A lenta e progresiva transformación do medio, a capacidade de adaptación a un medio adverso, a evolución das especies, dentro da que os saurios acadan un especial tratamento, son cuestións que merecen a atención de Xoán Bernárdez Vilar e centran o contido da novela. As relacións humanas, restrinxidas a un círculo embrionario, enlazan e navegan por todo o desenvolvemento narrativo e o autor vese na necesidade de botar man dos máis sofisticados avances da técnica científica para preserva-la súa conservación.

Un home de Vilameán


Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Ano de publicación: 1985
Lugar de publicación: Vigo
ISBN: 84-7507-089-2
.
Tirado da Galipedia.

Un home de Vilameán é unha novela histórica sobre a orixe e evolución da Revolta irmandiña. O protagonista é Pedro Bas, veciño de Vilameán, que farto da deplorable situación na que se atopaba o campesiñado por mor dos impostos do clero e os abusos da nobreza, decide integrarse na Santa Irmandade. O libro distribúese en catro capítulos, Ceifa, Sementeira, Colleita e Holocausto, e conta, ademais da bibliografía e un mapa coas poboacións onde se desenvolve a historia, cun anexo onde se recollen as principais reivindicacións sociais da Historia dende o Código civil de Urnammum (2064 a.C) ate o preito Tabera - Fonseca, do cal se recollen varias testemuñas de persoas que viviran a Revolta irmandiña. Foi publicado por primeira vez no 1975 en Montevideo, e dende 1983 pertence ao fondo bibliográfico da editorial Xerais, onde dende o 1990 está na súa colección Narrativa.

Xoán Bernárdez fala de porque escribe

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...