Sobre mín



Nacín en Marín o día 5 de abril de 1936. Os meus pais eran entón mestres de escola nas aldeas de Pardavila e Santa María do Campo, pertencentes ó mesmo Concello. Foi nestes lugares, e polo contacto cos rapaces dos mesmos, onde deprendín a falar e a amar o galego.
En xaneiro de 1943, pouco antes de cumprir os sete anos, a miña familia trasladouse a Dornelas, unha parroquia das inmediacións do aeroporto vigués de Peinador, naquel intre aínda en fase de construcción. Ós dez anos ingresei no Instituto "Santa Irene" de Vigo, onde fixen o Bacharelato, que rematei en xuño de 1953, na derradeira das promocións do chamado "Plan 1938". Tres anos despois, e mentres estaba a estudiar Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, aprovei unhas oposicións para Auxiliar Administrativo da "Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo", hoxe Caixanova, na que, en xaneiro de 1957, dei comezo a miña vida laboral. Alí tiven a fortuna de coñecer a Xaime Isla Couto, Asesor Xurídico da entidade, e a través del, a relacionarme cunha boa parte da intelectualidade galega. Posteriormente, fixen amizade co Padre Seixas quen, no mes de xullo de 1969, me converteu nun dos primeiros en se casar en galego, bautizando e inscribindo, tamén na nosa fala, ó meus fillos, Paulo, Adrián e Sabela.
Entre 1990 e 1995, e sen deixar de traballar, fixen a licenciatura de "Xeografía e Historia" na Universidade de Vigo. Pouco despois, ó chegar ós sesenta anos, e a causa da fusión que se estaba a artellar entre as tres Caixas do sur de Galicia, fun, o mesmo que outros moitos compañeiros, prematuramente xubilado, cando acadara a categoría de "Xefe de Sección". Esta nova situación permitiume facer o Douturamento da mesma carreira, no período 1996-1998. Resido en Vigo dende 1952, e son lector xa dende moi neno. Responsable, a miña nai, incansable devoradora de libros e excepcional narradora de contos, quen soupo orientarme dende o primeiro momento seleccionándome as obras máis axeitadas para conseguir unha formación equilibrada. Na actualidade posúo uns oito mil libros, e moitísimos máis "cómics".
Outras das miñas afeccións foron os deportes, dos que practiquei: fútbol, atletismo, balonmán, hockey-sala, hockey sobre herba, e tenis. Así mesmo, fun presidente do "Colexio de Árbitros de Balonmán", anos 1962-64, e colaborei en "Faro de Vigo", "Faro Deportivo" e "El Pueblo Gallego", ó longo de moito tempo, facendo as crónicas sobre Hockey. Dirixín o semanario "Galicia Social" no período 1964-68, en el publiquei a miña traducción dos evanxelios á nosa fala. En 1965 fun co-fundador da "Asociación Cultural" de Vigo, por decisión da cal pasei a colaborar, entre 1965 e 1975, na emisión "Raíz e Tempo", en "La Voz de Vigo", a primeira que se fixo en galego despois da Guerra. O meu traballo consistiu na confección duns oitocentos capítulos compendiando a Historia de Galicia. Estes capítulos foron sucesivas veces repetidos tanto en "La Voz de Vigo", coma en "Radio Ecca".
Dirixín, así mesmo, a revista "Latexo", dos empregados de Caixavigo, cousa que aconteceu ó longo dos períodos 1966-1970, e 1993-1997. O cine, a música, e as viaxes, figuran tamén en lugares preferenciais na miña escala de valores, tendo percorrido todos os lugares que se relacionan tanto coa temática das miñas novelas coma cos traballos de investigación efectuados. Respecto á miña incursión no planeta da literatura, e deixando á parte as arrepiantes, e inéditas, historias que se me ocorreron entre os dez e os quince anos, ou as cativas colaboracións ás que me acabo de referir, o meu primeiro traballo serio foi "Un home de Vilameán. Anatomía de revolución Irmandiña", publicado en Montevideo en 1976. Os demais foron aparecendo máis tarde, pouco a pouco, así coma os premios: "Patronato da Cultura Galega de Montevideo", 1975, "Accesit do Modesto R. Figueiredo", 1983, "Galicia", de Investigación, 1984, "Casa de Galicia de León", 1984, "Xerais", 1986, "Xesús Taboada Chivite", de Investigación, 1992, "Narrativa do Concello de Vilalba", nos anos 1993 e 1999, "Teatro", da Universidade de Vigo, 1998, "Segundo Premio Historia Medieval de Galicia", 2002, "Traducción", da Universidade de Vigo, 2003, e outros de menor entidade, como o do "130 aniversario de "Faro de Vigo", ou diversos accesits de contos de "O Facho", da Coruña, e do "Centro Galego de Baracaldo", e outros que sinto non lembrar agora. A Real Academia Galega nomeoume Académico Correspondente o 22 de febreiro do 2003.
Actualización: 25-6-03

Principais Premios e Distincións Literarias:
1974: Patronato da Cultura Galega de Montevideo.
1984: "Galicia" de Investigación da Universidade de Santiago.
1985: "Casa Galicia", de León.1985: "Premio Xerais" de narrativa.
1992: "Taboada Chivite" de Investigación.1993: "Con callo de Vilalba" de narrativa.
1999: "Concello de Vilalba", de narrativa.
2002: "Segundo Premio de Historia Medieval" da Editorial Toxosoutos, Noia.
2003: Premio de Tradución da Universidade de Vigo.
Finalista do Premio de Ensaio Breve "Ramón Piñeiro".
Finalista do Premio de Investigación "RamónPiñeiro".-Nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega o 22-2-03.
De menor entidade, premios e accesits:
"Modesto R. Figueiredo" ,"130 aniversario Faro de Vigo".
De Contos de "O Facho" da Coruña e do "Centro Galego de Baracaldo".
De Teatro, "Universidade de Vigo".
PRINCIPAIS OBRAS PUBLICADAS:
1975: Un home de Vilameán: Anatomía da Revolución Irmandiña. (Premio Patronato da Cultura Galega de Montevideo) Publicado polo Patronato da Cultura Galega e por Edicións Xerais: 11 edicións.-Novela histórica do tempo das revoltas irmandiñas do século XV.
1983: ¡Ouveade, naves de Tharsish! (Edicións do Castro)-Novela histórica ambientada no mundo das colonizacións do século VI aC. Ricardo Carballo Calero adicoulle un comentario titulado "De Erín a Babel".
1984: Homo Sapiens. (Accesit "Pedrón de Ouro")(Editorial do Castro, e Ed.Xerais). Dúas Edicións.-Relato de ficción situado nunha tecnificada Unión Europea de mediados do sécalo XXI. Fora escrita uns dez anos antes da obtención do premio.
1985: Vento do Norte, vento do Sur. (Premio de narrativa "Casa Galicia", de León) (Biblioteca Virtual Galega).-Un pato que simultanea a súa existencia entre os Fiordos noruegos e as Rías Baixas galegas.
1986: No ano do Cometa. (Premio Xerais de Novela) (Ed. Xerais) Dúas edicións.-Novela histórica do tempo do compromiso matrimonial do rei García cunha filla de Guillermo de Normandía. O protagonista participa na conquista de Inglaterra por este, no 1066, o ano no que aparecen o corneta Halley, e efectúa na abadía de Glastonbury unha pescada á procura da realidade histórica do rei Artur.
1986: Pescudas nas orixes do mito de Tristán e Iseu. (Agalia, núm. 5)-Sobre as conexións históricas e literaria deste héroe medieval, e a Pedra de Tristán, de Cornualla.
1990: Galicia no século VI aC., segundo a "Ora Marítima" de Rufo Festo Avieno. (Premio Galicia de Investigación da Universidade de Compostela)Estudio histórico-xeográfico sobre esta controvertida narración, e a localización dos lugares que nela se describen. Trátase do máis vello documento no que aparecen datos acerca de Galicia.
1990: Exipto, a viaxe perdida de Egeria. (Agalia, n° 21, e Biblioteca Virtual Galega) )-No que resta do relato de Egeria avírtense datos dunha anterior viaxe súa por Exipto, dous anos anterior. O traballo trata de reconstruir esta primeira e perdida viaxe con base ao que a autora repite, así como co que da súa obra recolleron Valerio do Bierzo (fins do VII), e o monxe italiano Pietro Diácono (princios do XII),ademais dun exame ocular dos lugares que aquela describe.
1991: 0 incógnito monte Zephiro da "Ora Marítima". (Agalia n° 26, Latero n° 8 e Biblioteca Virtual Galega). Dúas edicións.-Traballo de campo á procura da localización deste accidente xeográfico, de grande importancia para situar os distintos topónimos da Ora Marítima.
1992: ¡Xerusalén, Xerusalén! ... (Ed. Do Cumio)-De peregrinaxe en Israel no ano 1967, o protagonista vese envolto na Guerra dos Seis Días, e no enfrontamento árabe-israelí. Vinte anos máis tarde, visita as persoas que entón coñecera e advirte que as cousas non mudaran nin melloraran substancialemente.
1992: 0 descubridor que chegou do frío. A viaxe de Cristovo Colón a Islandia. (Agalia n° 31 e Biblioteca Virtual Galega).(Extracto do traballo que merecen o premio de Investigación "Taboada Chivite", en Verín)-Pescudas arredor da afirmación colombina de que viaxou máis alá de Tile no ano 1477.
1993: Big-Bang. (Premio de narrativa Concello de Vilalba) (Edicións Xerais).-Relato de Ciencia Ficción no que un grupo de astronautas, sometido a unha situación límite de supervivencia, acaba por se converter en testemuña da convulsión que acaba coa vida dos dinosauros no planeta no que se atopan e ofrece posibles respostas a diversos interrogantes científicos.
1997: A expedición luso-danesa ó noroeste atlántico. ¿Alcanzaron América os portugueses antes do que Colón?. (Agalia núms. 49 e 53 e Biblioteca Virtual Galega)-Investigación sobre a data e o destino da expedición denominada de Pinningh e Pothorst máis alá de Grenlandia, con antetioridade ao ano 1481.
1998: Aproximación espacio-temporal. La fidelidad geográfica en Manuel Gago. (En "El Guerrero del Antifaz. 50 años. Vol. 2") . Quirón Ediciones-A xeografía e os feitos recollidos acerca deste personaxe de ficción, resultan sorprendentemente acordes coa realidade.
1999: Nada novo baixo o sol: a lexitimación do poder a través da arte na Roma de Augusto.(Agalia n° 58 e Biblioteca Virtual Galega). -Estudio acerca de como Augusto utilizou a arte para convencer os seus súbditos da súa lexitimidade.
2000: Xeografía do mito de Tristán e Iseu. (En "Estados dedicados a Ricardo Carvalho Calero". Tomo II)(Parlamento de Galicia. Universidade de Santiago de Compostela).-Novas aportacións acerca da autenticidade xeográfica dos relatos sobre Tristán, con percorridos polos lugares que neles aparecen, así como sobre a historicidade do rei Marc Cunomoro, o esposo de Iseu.
2001: A Saga da Illa sen Noite. (Premio Concello de Vilalba de narrativa) (Ed.Toxosoutos). (Traducida ao Castelán no 2004)-Reconstrucción novelada da exploración e a colonización de Islandia a partir do ano 864, así como da xesta de supervivencia do seu primeiro habitante, Nattfari, só nela ao longo de 20 anos.
2001: Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV (Baseada na Tese de Licenciatura) . (Universidade de Vigo).-Acoplo análise sobre as posibles viaxes transoceánicas do sécalo XV, e da posible identidade entre a que Colón afirma ter efectuado en 1477, a dano-portuguesa de Piningh e Pothorsth, anterior a 1481, e a de Johannes Scolvus "circaannum 1476".
2001: Vidas Paralelas: Alexandre-Augusto. A arte ao servizo do poder. (Ed. Toxosoutos)-Comparación das vidas, as obre e as inquedanzas destes dous sobranceiros personaxes da antigüidade.
2001: O valedor do Reino. (Premio de Teatro da Universidade Vigo) (Biblioteca Virtual Galega Universidade da Coruña).-Peza en catro actos sobre a vida e os feitos do bispo don Cresconio, conselleiro e amigo do rei don García, no século XI.
2001: O día de despois do sexto día. (Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña).-Relato de Ficción acerca dunha suposta apocalipse final do xénero humano.
2002: A Batalla de Rande. (Latexo núm. 38, 2ª época). Estudio acerca dos preliminares, e do combate.
2002: A Etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe ultra Tile. (Premio de Investigación "Taboada Chivite") (Editorial Galaxia)-Edición completa e actualidaza do traballo premiado no ano 1992, e publicado agora coa axuda da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia e do Concello de Verín.
2003: O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma (Segundo premio Historia Medieval de Galicia, 2002, e Segundo Premio de Investigación Antonio Fraguas 2002) (Toxosoutos)(Traducida ao castelán no 2004)
2003: "A cuestión da celtidade de Galicia" (Revista "Casa da Gramática", de Noia, núm. 16, e Biblioteca Virtual Galega).Estudo histórico acerca de canto de celta pode ser atopado e defendido en Galicia.
2003: "CHRONICA HERMERICI". Premio de tradución da Universidade de Vigo (Edicións Xerais).(Reconstrución, con base a textos amigos, da Crónica do primeiro rei da Gallaecia, a partir do ano 411).
2003: "Consideracións acerca de Baiona e do Rei Afonso" (Revista de Estudios Miñoranos, n° 3).-A fundación e o xurdimento da denominación de Baiona á luz dos documentos históricos.
2003: "Os Ollhos da Historia. A Cartografía, dos seus inicios, as decisivas contribuições do portugués "Planisferio Cantino" (1502). (Agalia 75/76)Un repaso ao mundo da cartografía ata o ano 1502.
2004: El inicio de nuestra Edad Media. La Gallaecia que se emancipó de Roma. (Versión en castellano)
2004: Saga de la Isla sin noche. (Versión castellana)2004: Idacio Lémico: Chronica (379-469)Texto latino, tradución e comentarios históricos da Crónica deste autor nacido na Gallaecia (Centro Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia)
2004: "A Carta de París, considerada como de Cristóbal Colón" (Revista Alameda de Noia núm.15, Biblioteca Virtual Galega)Estudio sobre este vello documento cartográfico, e conclusións acerca do mesmo.
2005: O rei Artur. Mito e Realidade (Edit. Galaxia) (Finalista do premio de Ensaio Ramón Piñeiro)-Análise das lendas e das obras que comprende o Ciclo Artúrico, así como a pescuda, a través dos textos, cartularios, excavacións e inscricións, así como da topografía, próximos ao seu tempo para acadar a reconstrución da realidade histórica máis asumible acerca deste personaxe.
PUBLICACIÓNS DE MENOR ENTIDADE: CONTOS:
1969: A nave do lonxano país. (Reeditado no 1994).
1970: O neno que soñou cunha illa. (Reeditado no 1973).
1972: Harmaggedon
COMENTARIOS MONOGRÁFICOS:
1979: De Péndulos e de Templarios (En "Voz e Voto", homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, no X aniversario do seu pasamento) (Reflexión acerca do "Pendulo de Foucault" de Humberto Eco.
1983: Compostela, capital de Galicia (Premio 130 aniversario de Faro de Vigo). (Faro de Vigo).
1985: O mito artúrico na nosa Literatura (Follas Secas, núms. O e 1).
1993: Expedición Aconcagua (Latexo, 4, 2 época).
1994: Takla Mohammad (Latexo, 8).
1994: Recoñecemento de Haroald Godwinson (Latexo, 10)
1995: Revolución na Galaxia Guttenberg (Latexo, 11).
1995: Cisne cuello negro (Latexo, 11).
1995: Os fillos de Breoghan (Latexo, 11).
1995: Noite de San Xoán (Latexo, 12)
1996: A conspiración de Catilina (Latexo, 14).
1997: Ha muerto Burne Hogarth, el mejor dibujante de Tarzán (Latexo, 14).
1996: Prisciliano en Tréveris (Latexo, 15).
1996: Samuel ben Nagrella (993-1056). (Latexo, 17).
1996: ¿Atópase en Francia a tumba de Cristo? (Latexo, 17).
1996: El teatro Dramático de Estocolmo (Latexo, 17).
1997: Fóisenos o grande filólogo Joan Coromines. (Latexo,18)
1997: Carl Sagan, el soñador de las estrellas (Latexo, 18)
1997: El centenario del Cómic, una celebración convencional que no convence (Latexo, 18)
1997: Fernando Pessoa (1888-1935). (Latexo, 20).
1999: Os devanceiros: Reflexión apresurada sobre o noso pasado celta. (En "A Peneira, 15 anos)
1999: "Recordando Jesucristo Superstar" (Huella, O).
1999: "Un paseo pola cultura do País" (Encrucillada,111).
1999: "De Historia e de Presente". (Encrucillada, 112).
1999: "Resumo de Aconteceres". (Encrucillada, 113).
1999: "Compendio de Estío". (Encrucillada, 114).
1999: "Un repaso ó presente, cunha lembranza". (Encrucillada, 115)
2000: "Panorama Cultural". (Encrucillada, 116).
2000: "De Cronos e de Calendarios". (Encrucillada, 117).
2000: "Aquel Primeiro Día das Letras galegas". (Encrucillada, 118).
2000: "Humanidades?: si, gracias". (Encrucillada, 119).
2001: "Altamira: cento corenta séculos vos contemplan". (Encrucillada, 120)
2001: "Terceiro Milenio?". (Encrucillada, 121).
2001: "Baiona e o rei Alfonso". (Encrucillada, 122).
2001: "A precariedade de certas riquezas" (Encrucillada, 123).
2001: "Dúas pequenas consultas". (Encrucillada, 124).
2001: "Manuel María". (Homenaxe a Manuel María. A.C. Xermolos e Ed. Ophiusa).
2001: "Falemos hoxe de moedas". (Encrucillada, 125).
2002: "Euro, Euro ,Euro ". (Encrucillada, 126).
2002: "A Batalla de Rande". (Latexo, 38).
2002: "A Bibliotea Virtual Galega". (Encrucillada, 127).
2002: "Erre que erre"... (Encrucillada, 128).
2002: "A batalla de Rande e o Capitán Nemo" (Encrucillada, 129)
2002: "Santos, magosto, Samáin" (Encrucillada, 130).
2003: "Cando un mestre se vai" (Encrucillada, 131)
2003: "A Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade"(Encrucillada, 132)
2003: "Fines Terrarum" (Encrucillada, 133)
2003: "De Vita Brevi" (Encrucillada, 134)
2003: "Un ano do Prestige" (Encrucillada, 135)
2003: "Isidoro de Sevilla". (Biblioteca Virtual Galega)
2004: "Cando os mundos baten" (Encrucillada, 136)
2004: "Unha lanza por Suso" (Encrucillada, 137)
2004: "Cen anos do Ulysses" (Encrucillada, 138)
2004: "Ocapitán Nemo en Galicia" (Encrucillada, 139)
2004: "O país dos mil ríos" (Encrucillada, 140)
2005: "O Ordo Prophetarum de Compostela" (Encru, 141)
2005: "Aquel premonitorio soño de Maquiavelo"(Encrucillada, 142)
2005: "As humanidades en horas baixas". (Encrucillada 143)
2005: "Sumario estival, unha esperanza e unha queixa" (Encrucillada 144)
VIAXES
1985: Bretaña, revisitada. (Follas Secas, n° 4).
1985: A Maxia e o engado de Stonehenge (Latexo n° 2, segunda época)
1986: Irlanda. Xubileu Joyciano. (Follas Secas, n° 6).
1993: Xacobeo-93: Cantando bajo la lluvia (Latexo, 5).
1994: Túnez. O mundo de Luke Skywalker. (Latexo, 6).
1994: Islandia, un mundo de aventura. (Latexo, 7).
1995: Rodar , patrimonio Mundial. (Latexo, 10).
1995: Irlanda: Slainte. (Latexo, 11).
1995: Xacobeo- 95: Por tierras de Aragón y Navarra (Latexo, 12)
1995: Spitzberg, a un paso do Polo Norte. (Latexo, 12).
1996: O deserto do Neguev. Nacer de Novo. (Latexo, 14).
1997: Xacobeo-96: Por tierras de León y el Bierzo. (Latexo, 17)
1997: Al-Fayyum: contémplanvos 40 séculos. (Latexo, 19)
1997: Gales: Croeso i Cymru. (Latexo, 20).
1997: Xacobeo-97: Por tierras de Navarra, La Rioja y Castilla. (Latexo, 21).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...